DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os infantís do C.D. Rúa estréanse na Copa Deputación cunha vitoria

Co 4-2 no marcador remataba o partido disputado no campo do Aguillón contra o Ourense C.F. “B”

Agora si. Despois dunha intensa pretempada, con adestramentos e partidos amigables, o equipo infantil do C.D. Rúa vén de comezar a tempada co primeiro partido oficial da Copa Deputación.

Pasadas as cinco e media da tarde do 7 de setembro, arrancaba no Aguillón da Rúa o encontro adiantado da primeira ronda da competición que enfrontaba aos rapaces de Luis María Ferrer cos ourensáns do Ourense C.F. “B”.

Os amarelos do Rúa saían ao campo de fútbol moi activos e con ganas de marcar, creando varias ocasións xa nos primeiros minutos de partido. Así es todo, eran os visitantes os que se adiantaban no marcador co gol de Jorge no minuto 26 do encontro. Os rueses non se fixeron esperar e a reacción foi inmediata co gol do empate de Marcos no minuto 30. Con ese gol, os locais embaláronse e só un minuto despois Berto marcaba o segundo tanto seguido por un terceiro de Marcos.

Cos tres goles locais en apenas tres minutos a vantaxe do Rúa seguía aumentando grazas ao terceiro gol da tarde que marcaba Marcos no minuto 48. O 4-1 mantívose no marcador durante máis de vinte minutos ata que Joaquín anotaba o segundo tanto para os brancos, sentenciando o partido.

Primeira gran vitoria para os de Ferrer que comezarán a liga regular o 24 de setembro, en casa contra Calasancio.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button