
A Ultimate Cup Series, o campionato europeo automobilístico de resistencia no que compiten os irmáns Hernández, Sebastien e Michael, franceses con orixes en Valdeorras, consta de seis probas, cinco en Francia (dúas en Paul Ricard, unha en Dijon, a de Le Mans e a de Magny-Cours) e a última en Portugal (Estoril).
Tal como explicaba o propio Sebastien nunha entrevista publicada hai un par de meses en O Sil Deportivo, este é o segundo ano que compiten con Peugeot, marcándose como obxectivo final “estar entre os dez primeiros”.

Semanas despois, e tralas sucesivas carreiras nos circuítos franceses, Sebastien e Michael Hernández, pilotos da Peugeot Sport 208 Racing Cup, enfrontábanse á “gran final” que se celebraba esta fin de semana no circuíto luso de Estoril, superando con creces ese obxectivo ao lograr un meritorio 4º posto na clasificación xeral.
