Tras unha primeira fase quedando primeiros de grupo, o equipo júnior masculino do MV Barco que compite na segunda división galega pasaba a disputar a fase de ascenso contra equipos como o Basket Coruña, manténdose na mesma liga.
Na segunda fase pasaba, de novo, como primeiro de grupo, para competir agora no play off polo título de liga. O primeiro partido tiña lugar en casa, no pavillón municipal de Calabagueiros na mañá deste sábado 6 de abril contra Depordima. Un partido que dominaban os barquenses e que se resolvía co 60-42 final.
O segundo partido disputarano mañá, no polideportivo Salesianos contra EDO Blanco Amor.
Fotos: Mónica G. Bellver.