DeportesKárateÚltima hora

Os karatekas valdeorreses fanse con 22 medallas na xornada da liga galega disputada no Barco

O River Stone lograba 14 e o Shotokan A Rúa 8, en diferentes categorías e niveis

 

Máis de 450 karatekas, dun total de 26 clubs de toda Galicia, participaban ao longo do sábado 15 de abril na xornada 3 da Liga Galega de Karate celebrada no Barco de Valdeorras.

A competición comezaba ás dez da mañá no pavillón municipal de Calabagueiros coas probas das categorías xuvenil e cadete con oito varias medallas para os valdeorreses (1 ouro, 2 pratas e 5 bronces): Brian Rodríguez (River Stone O Barco), ouro en kata xuvenil masculino avanzado; Iago Dobao (Shotocan), bronce en kata xuvenil masculino iniciación; Aina Moral e Cloe Yáñez (River Stone O Barco), bronces en kata xuvenil feminino avanzado; Carla Peña (River Stone O Barco), prata en kata xuvenil feminina iniciación; Hugo Álvarez e Enzo Prieto (River Stone O Barco), prata e bronce respectivamente en kata cadete masculino avanzado; e Dylan González (Shotokan A Rúa), bronce en kata cadete masculino iniciación.

 

Membros do River Stone do Barco.

 

E xa pola tarde era o turno das categorías benxamín, alevín e infantil onde os karatekas de Valdeorras seguían sumando ata un total de 22 medallas (3 ouros, 7 pratas e 12 bronces).

Álvaro Blanco (R. Stone O Barco) prata en kata benxamín masculino avanzado; Telmo Casas e Evan Arias (Shotokan A Rúa), ouro e bronce respectivamente en kata benxamín masculino iniciación; Leyre Paradelo (River Stone O Barco), bronce en kata benxamín feminino avanzado; Silvia Padrisa e Uxía André (Shotokan A Rúa), prata e bronce respectivamente en kata benxamín feminino iniciación; Manuel Blanco e Diego López (River Stone O Barco), prata e bronce respectivamente en kata alevín mascuino avanzado; Miguel Crespo (River Stone O Barco), ouro en kata alevín masculino iniciación; Daniela Rodríguez (River Stone O Barco), prata en kata alevín feminino iniciación; Nazan Barreda e Jose Carrera do River Stone e Lucas García do Shotokan, prata e bronces respectivamente en kata infantil masculino avanzado; e Lua González (Shotokan A Rúa), bronce en kata infantil feminino iniciación.

 

Membros do Shotokan A Rúa KC./ Foto cedida.

 

Na entrega de premios destas categorías estaban Alfredo García, alcalde do Barco; Aurentino Alonso, concelleiro de Deportes e tenente de alcalde do Concello do Barco; e o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente.

 

O alevín Raúl Pérez (River Stone) facendo unha kata.

 

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-elite-do-karate-galego-dende-benxamin-ata-xuvenil-compite-hoxe-no-barco-de-valdeorras/

Fotos: Mónica G. Bellver, excepto as catro últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button