DeportesKárateÚltima hora

Os karatekas valdeorreses seguen sumando medallas na liga galega

10 para o KC River Stone do Barco e 1 para o SHARK da Rúa no campionato disputado en Cedeira (A Coruña)

 

Con 11 medallas, 10 para o River Stone do Barco e 1 para o SHARK da Rúa volvían os karatekas valdeorreses de Cedeira, A Coruña onde, na xornada do sábado 13 de abril se disputaba a terceira fase da liga galega de karate.

O KC River Stone lograba 4 ouros (Manuel Blanco Blanco en kata alevín masculino avanzado e en kumite alevín masculino -28kg iniciación; Raúl Pérez Panizo en kata infantil masculino avanzado; e Aina Moral Castro en kumite xuvenil feminino -42kg iniciación); 3 pratas (Nazan Barreda Fernández en kata xuvenil masculino avanzado; Brian Rodríguez Carballo en kata cadete masculino avanzado; e Laia Yáñez González en kumite alevín femenino -32 kg iniciación); e 3 bronces (Álvaro Blanco Blanco en kata benxamín masculino avanzado; Aina Moral Castro en kata xuvenil feminino avanzado; e Cloe Yáñez González en kata jxuvenil feminino avanzado).

 

Raul Pérez Panizo, ouro en kata infantil masculino avanzado.

 

Iago Dobao Alonso do Shotokan A Rúa Kárate Club SHARK lograba un bronce en kata xuvenil masculino iniciación.

Fotos: Karate Club River Stone e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button