SanidadeÚltima hora

Os maiores de 80 anos que quedaran pendentes de vacinarse dispoñen dun teléfono para tramitar esa vacinación

Publicidade

 

Continúa neste mércores o proceso de vacinación contra o Covid-19 das persoas maiores de 80 anos e a previsión da Consellería de Sanidade é finalizar a semana co 90 % da poboación desta idade inmunizada, tal e como indicaba o conselleiro Julio García Comesaña en rolda de prensa esta mañá.

Ademais concretaba que houbo un 2,6% de persoas deste grupo, unhas 6.000 persoas, que rexeitaron recibir a vacina, mentres que outro 8 % renunciou por outras razóns. “Para aqueles maiores de 80 anos que non rexeitaron a vacina e que quedaron pendentes porque non podían ir nese momento ao centro de saúde ou por outros motivos, ou que non foron chamados, imos poñer a súa disposición un teléfono específico para tramitar esa vacinación pendente: o 881 002021. Estará operativo de luns a venres en horario de 8h. a 21h.”, anunciaba o conselleiro de Sanidade.

Neste número poderán tramitar a solicitude pertinente para que poidan ser vacinados contra o Covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button