Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os Maios enchen de cor, coplas e xente a rúa do Paseo de Ourense

40 esculturas participaron este ano no concurso convocado polo Concello

Primeiro foi en vilas como o Barco de Valdeorras ou Verín (o 1 de maio) e agora na capital. A cidade de Ourense celebraba o domingo 6 de maio a Festa dos Maios, unha importante parada no ciclo festivo ourensán, declarada de Interese Turístico Galego no ano 2001.

Ao longo da mañá, os 40 Maios participantes no concurso convocado polo Concello expoñíanse ao lonbgo da rúa do Paseo e ás 12h. ao seu carón cantábanse as coplas compostas para a ocasión. A entrega de premios tiña lugar ás 18:30h. co seguinte resultado:

Premio Maio Artístico: “As meigas feiticeiras”, de Óscar González López (500 euros).
Premio Maio Enxebre: “O maio en pé”, de A Galleira (300 euros).
Premio Maio Creativo: “Loita feminista”, da Marcha Mundial das Mulleres (200 euros).
Premio Maio Infantil: “Maio Vistahermosa”, do CEIP Vistahermosa (300 euros).
Premio Mellores Coplas: “A ronda da Auriense”, da Ronda da Auriense (200 euros).
Premio Mellores Coplas Infantís: “Nós e pingadas”, da ANPA Pía da Casca (200 euros).

O xurado, formado por Ledicia González Mosquera (antropóloga), Celtia Mouro Vázquez (representante da Asociación Amencer, gañadora das mellores Coplas 2017), Isaac Alonso Estravís (lexicógrafo) e Rosa Lidia Varela Blanco (funcionaria da Concellería de Cultura), agradeceu a ampla participación destacando a “calidade e orixinalidade dos maios e coplas”. Ademáis, quixo deixar constancia da alta implicación dos cativos nesta festa tan tradicional, recomendando “a ampliación dos premios, tanto nas modalidades como no número de premios por cada unha delas”.

A tradicional Romaría dos Maios de Ourense completouse con animación de rúa, a actuación de gaiteiros e o concerto de Radio Cos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button