CulturaCulturaÚltima hora

Os máis pequenos bailan e cantan no Barco ao ritmo de rock & roll coa Gramola Gominola

 

Con moito ritmo, baile, cancións e tamén humor A Gramola Gominola desembarcaba co seu espectáculo “Bravas. O rexurdir da lúa” na praza Maior do Barco na tarde do 10 de setembro. Con este espectáculo infantil, que reunía a un numeroso público, encandilaba aos máis pequenos que se sabían os temas e cantaban co grupo.

A Gramola Gominola é unha banda de rock&roll en galego para público infantil que nacía no 2015. Recibían o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo infantil e teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia. Esta actuación no Barco enmarcábase no programa do Cristo 2022 e está incluída no circuíto Cultura no Camiño do Xacobeo 21-22.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button