EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Os máis pequenos do Barco, reposteiros por un día da man do Barco CCA

A campaña Minichef Obarcoaberto, que se desenvolvía na tarde deste venres, resultaba todo un éxito esgotando as prazas

 

Unha trintena de nenos, acompañados por mais, pais ou avós, convertíanse en pequenos reposteiros por un día da man da exitosa actividade Minichef Obarcoaberto, organizada polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) na praza Maior da vila a partir das 18h. deste venres. Cando chegaban recollían o seu mandil e colocábanse nunha das mesas dispostos a botar man dos ingredientes para, seguindo as instrucións de Darlene Dobao, de Pastelería A Casiña, comezar coa primeira receita.

Sobre a mesa, galletas, iogur de chocolate e marmelada de amorodo. Con estes ingredientes os cativos, guiados por Darlene, comezaba, coa axuda de mais, pais e avós, a elaboración dunha deliciosa torta de galletas que se remataba cunha decoración a base de lacasitos e amorodos frescos.

 

 

A partir de aí, tapábase a torta para levar para casa e comezábase coa segunda receita: un cucurucho de froita fresca (sandía e kiwi).

Esta novidosa actividade, de carácter interxeracional pero deixándolle o protagonismo aos mais pequenos, resultaba todo un éxito. Esgotábanse as 30 prazas previstas, quedando ademais persoas anotadas en lista de agarda.

Con esta acción O Barco CCA buscaba implicar aos establecementos asociados e ofrecer unha alternativa de lecer para os máis pequenos que se converterán en chefs durante unhas horas. As inscricións na actividade facíanse na oficina do CCA O Barco (rúa España, 1) do 25 de agosto ao 1 de setembro presentando un tícket de compra ou consumición dos establecementos asociados (con datas do 25 de agosto ao 1 de setembro).

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button