EconomíaEconomíaÚltima hora

Os mellores escaparates de cinema de Verín, premiados nunha iniciativa promovida polo FIC VÍA XIV e AEVER

O concurso foi organizado no marco das actividades paralelas do Festival de Curtas, que se desenvolveu a semana pasada

o director do certame, Carlos Montero cos gañadores do concurso e Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, presidente e xerente de AEVER.

 

Igual que en anteriores edicións, a celebración do Festival de Curtas de Verín traía consigo unha serie de iniciativas destinadas a promover o desenvolvemento económico e comercial da vila durante a semana do certame. Neste marco, a Asociación Cultural Vía XIV e AEVER convocaban o concurso ‘Escaparates de cine’, no que participaron seis negocios locais que engalaron as súas vitrinas e os seus espazos interiores con motivos relacionados coa sétima arte.

Na mañá deste mércores 7 de setembro dábanse a coñecer os resultados deste concurso, que distinguiu en primeiro lugar a Asubío Tenda. No segundo posto, clasificouse Noisiness Verín e a terceira posición foi para Santiveri Verín-Xinzo. Estes establecementos recibiron cadanseu premio de 150,75 e 50 euros, respectivamente.

Na entrega dos cheques aos galardoados, o director do FIC Vía XIV de Verín, Carlos Montero, quixo agradecer a implicación de todos os negocios e comercios que participaron na iniciativa e, “moi particularmente a AEVER por continuar apoiando o noso festival e impulsando actividades relacionadas co cinema durante a semana do FIC tal e como foi a actividade Sopa Cómica dirixida a fomentar que a cativada de Verín e comarca se familiarizase co cinema”.

Artigos relacionados

Back to top button