AutomobilismoDeportesÚltima hora

Os mellores pilotos de España toman Ourense na 57 edición do ROU

 

Ourense arrecende a gasolina, co son dos motores envolvendo cada recuncho da cidade coa 57 edición do ROU xa en marcha.

Trala José Antonio Suárez e Alberto Iglesias eran os máis rápidos durante a mañá deste xoves no Shakedown e o tramo de cualificación do Rallye de Ourense Recalvi, nun dos máis recoñecibles da historia da proba, en San Pedro de Rocas.

O equipo asturiano, aos mandos do Skoda Fabia RS Rally 2, marcou a pauta durante toda a mañá, por diante de Alejandro Cachón e Borja Rozada. Completou o podio provisional no tramo de cualificación, Javier Pardo, que copilotado por David Da Puente quedou a pouco máis de dous segundos do mellor crono.Tras a elección da orde de saída e a rolda de prensa, os equipos preparábanse para disputar a primeira xornada de competición, con seis especiais cronometradas.

 

 

Unha vez realizado o Shakedown, os pilotos dirixíronse ao parque de San Lázaro, onde está o parque pechado, para realizar a elección da orde de saída: Suárez-Iglesias; Cachón-Rozada; Pardo-De la Puente;  Ares-Martínez; Palomo-Fernández; Peláez-Chamorro; Muñiz-Casal e Ruiloba- Vela.

Tralo primeiro tramo cronometrado, Barbadás, Ruiloba lideraba a proba cun tempo de 06:05.5. Segundo era Cohete a +1.6 segundos; e tercero Cachón a +1.8 segundos do liderato.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button