CulturaCulturaÚltima hora

Os nenos de Valdeorras, Trives e Viana, entre os convocados ao ‘Encontro Diocesano da Infancia’

Celebrarase o 9 de marzo en Astorga

 

Baixo o lema “Comparto o que son” o vindeiro  9 de marzo celebrarase en Astorga o Encontro Diocesano da Infancia, para o que están convocados todos os nenos e nenas da Diócese, entre eles os de Valdeorras, Terras de Trives e Viana do Bolo.

Tal como avanza o delegado episcopal de Vocacións, Luis Fernández Olivares, o encontro está dirixido a cativos de entre 8 e 12 anos e terá lugar no Seminario Diocesano e no Teatro Diocesano de Astorga.

Pola mañá haberá oración e ximkana; a mediodía xantar (comida propia e bebida por conta da organización), xoegos e ensaios de actuacións; e xa pola tarde terá lugar o Festival da Infancia Misioneira e Vocacional no que, os grupos que lo desexen, poderán participar con algunha actuación. “Pode ser unha versión propia dunha canción coñecida de contenido evanxélico, misioneiro ou vocacional, presentar unha canción con música e letra original, unha curta representación, unha poesía, un baile… todos podemos aportar algo”, aseguran dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button