Na mañá deste venres 19 de xullo o recinto do SilFest Valdeorras que abrirá as portas esta tarde, recibía a visita dun cento de cativos.
Os nenos dos campamentos ‘Un verán en Acción’ que se está a desenvolver nas instalacións do Colexio Divina Pastora do Barco e os do Concello de Rubiá, saían hoxe para pasar a mañá a beira do río coñecendo de primeira man o recinto do festival.
“Levan toda a semana con actividades relacionadas co festival, pintando camisetas, facendo adornos,… e hoxe viñemos ata aquí para ver o escenario e coñecer o Mini SilFest da man dun dos directores, Jorge Álvarez”, explica André Faria de AF Training Studio, responsable dos campamentos, destacando o entorno privilexiado e a ampla programación que o o SilFest adica aos cativos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver, excepto as catro últimas da galería que son de Álex Lorenzo.