SanidadeÚltima hora

Os neurólogos chaman a intensificar a atención da migraña para previr a súa cronicidade

Os pacientes a tratamento con anticorpos monoclonais subcutáneos para o tratamento preventivo da migraña incrementáronse desde 2021 nun 53% en Ourense

A doutora Laura Blanco na mesa informativa montada á entrada do Hospital de Ourense co xefe de servizo, Apolinar García, e o xerente da área sanitar aourensá, Félix Rubial.

 

A Migraña é aínda moi descoñecida pese a súa prevalencia. Un 12% da poboación a padece e, pese a elo, ata o 40% dos enfermos non están diagnosticados. De feito moitas veces afrontan a dor como unha herencia familiar para a que se automedican, aumentando así o risco de cronificación, que está aumentando. Entre un 2 e un 3 por cento destes pacientes teñén o terán migraña crónica, altamente incapacitante, xa que a dor pode estar presente máis de 15 días ao mes, o que afecta a todos os ambitos, familiar, social e moi especialmente laboral, padecendo ademáis a incomprensión do seu entorno.

Pese a ser a enfermidade neurolóxica máis común, na abordaxe de migraña perviven falsos mitos e unha importante banalización a nivel social, incluso por parte de pacientes e ás veces profesionais que conducen ao seu infradiagnóstico, por iso no Día Internacional de Acción contra a Migraña, Servizo de Neuroloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras chama a intensificar a súa atención para reducir a súa cronificación, instaurando canto antes un tratamento axeitado, segundo se destaca dende o Sergas

Desde o Servizo de Neuroloxía, Laura Blanco, unha das neurólogas responsables da consulta específica de migraña, xunto con Nabil Sabbagh e María Pardo, chama a poñer voz a migraña, unha das enfermidades máis incapacitantes segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), destacando os grandes avances experimentados no seu tratamento “desde 2018 á actualidade contamos con sete novos fármacos, oito en breve, que teñen cambiado a abordaxe da migraña e axudado moito aos pacientes”.

 

Consulta de Migraña atendida polos doutores Laura Blanco e Nabil Sabbagh Casado.

 

Novos tratamentos e prevención

Este novo “arsenal” terapéutico vai orientado especialmente aos pacientes con migraña crónica, pacientes que nalgúns casos teñen só entre cinco ou seis días ao mes para facer unha vida normal, e con estes tratamentos poden ter unha reducción entre o 50 e o 70% de días de dor. Os avances cambian totalmente a perspectiva vital e asistencial, ainda que Blanco destaca que todavía resta unha porcentaxe de 15-20% de pacientes crónicos nos que non é efectivo pero as perspectivas de novos tratamentos son ilusionantes.

Algúns destes novos tratamentos son os anticorpos monoclonais subcutáneos, que aplicados en consulta, empréganse como tratamento preventivo da migraña nos pacientes con maior afectación, e se incrementaron desde 2021 nun 53% en Ourense, chegando na actualidade a 103 pacientes a tratamento.

O 95% das mulleres

A migraña é unha enfermidade eminentemente feminina, ao redor do 95% das mulleres terá ao menos un episodio de migraña na súa vida, un pouco menos os homes, pero preto do 80% das persoas cun diagnóstico de migraña son mulleres.

A migraña cumpre unhas caracteristicas determinadas: dor pulsátil intensa, que se localiza só nun lado, “os pacientes o describen coma un taladro ou martelo que os golpea”, conta a doutora Blanco, que detalla tamén a cualidade da dor, a intensidade, “é unha dor tan intensa que non permite facer unha actividade normal, unha dor que leva directamente á cama” todo elo acompañado de náuseas, vómitos e “fobias” como que lle moleste a luz, o ruído, as veces os olores, e o movemento, por iso é tan incapacitante, explica a especialista.

A día de hoxe aínda non se sabe porqué algunhas persoas desenvolven migraña, pero si esta establecida unha orixe xenética complexa na que tamén inflúen factores ambientais ou hormonais, que explicaría a maior afectación de mulleres, especialmente a partir da primeira menstruación.

O que si teñen moi claro os neurólogos é que o principal factor protector para evitar a súa cronificación é o diagnostico e poñer un tratamento adaptado ás características das súa doenza, evitando a automedicación e os mitos.

Pese ao infradiagnóstico a migraña cada vez se diagnostica máis, incluso en nenos. Pese a que aíOs nda se descoñece a súa orixe, os estilos de vida con maiores niveles de estrés, multitude de actividades e horarios esixentes tampouco axudan.

Artigos relacionados

Back to top button