SanidadeÚltima hora

Os ourensáns dan a máxima puntuación á organización da campaña de vacinación infantil do Covid

O 80.89% valoraron moi positivamente o carné de superheroe que se entrega en Ourense

Imaxe da campaña de vacinación infantil contra o Covid na provincia./ Cedida.

 

Os ourensáns dan a máxima puntuación á organización da campaña de vacinación infantil fronte ao Covid, que se desenvolveu en Expourense, e ao esforzo do equipo para facer, dese momento e do espazo, un entorno mais amigable para os máis cativos, coa axuda de numerosos voluntarios que contribuiron a disipar medos e tentaron tranquilizar, nunha cita vivida con nerviosismo para a maioría.

Así se desprende dos resultados provisionais da enquisa realizada xa ás familias dos 602 rapaces, de 5 a 11 anos, por parte do equipo de vacinación especial fronte á Covid da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Nela, plantexáronse distintos aspectos relacionados coa organización, recibindo en todos os apartados unha puntuación excelente.

Desde o inicio da vacinación infantil, a mediados de decembro, na nosa provincia administráronse 19.014 doses e preto do 70% teñen xa a pauta completa, en concreto 8.210 teñen xa as dúas doses e restan 3.894 por completala. A poboación diana da nosa área estímase nuns 14.540 nenos ou nenas polo que a taxa de participación ronda o 90%.

A resposta ás enquisas realizouse maioritariamente polo pai/nai ou adulto acompañante, pedindo tamén a opinión do menor, que en moitos casos quixeron cubrir eles mesmos o cuestionario. Así, entre unha puntuación de 1 a 5 -1 moi mala e 5 moi boa- o 79 % deron a máxima puntuación (5) á presenza dos superheroes e superheroinas. O 58.97% fixeronse fotos, ou charlaron con eles, especialmente os máis cativos.

A presenza dos voluntarios, revivindo a superheroes, aos cazapantasmas, a persoaxes da Guerra das Galaxias ou aos Reis Magos, lograron seu obxectivo de contribuir a diminuir o nerviosismo dos nenos e nenas, obxectivo acadado con nota para o 69.1% dos participantes (4 ou 5). Así a maioría pasou a “proba” sen nervios ou con poucos nervios. O 56.8% punturaron con 4 ou 5 (1 moito – 5 nada) mentres que o 23.9 % destacaron ter pasado moitos ou bastantes nervios (1 ou 2 puntos) Sendo a resposta media de 3.54.

O 80.89% valoraron moi positivamente recibir o carné de superheroe ou superheroína que se entrega na Área Sanitaria ourensá, aos rapaces que acoden a vacinarse nos tres puntos de vacinación habilitados na nosa provincia, en Ourense desde maña no Hospital Universitario, e nos dos dous hospitais públicos de Verín e Valdeorras. Sendo este un dos puntos onde a resposta é máis unánime e positiva.

Boa opinión dos profesionais participantes

As familias tamén se implicaron na información aos cativos. O 92.52 % xa falaran antes na casa sobre a vacinación cos nenos destacando a importancia da súa administración. Tamén a valoración do persoal foi moi alta. Así o 81.39 deron a máxima puntuación (5) sendo a media foi de 4.78.

En canto a valoración do equipo, o Sergas informa que o 83.05 outorgan máxima puntuación (5) a amabilidade no trato; empatía, o 72.8 dan 5 puntos. Paciencia, o 77.24% dan 5 puntos; humanidade, o 79.9% dan 5 puntos e, na máxima posición: Profesionalidade, ao que que o 83.55% otorgan a máxima puntuación.

Artigos relacionados

Back to top button