ConcellosÚltima hora

Os parques de bombeiros de Xinzo e Verín reciben 4.425 detectores de fume por parte da Xunta

 

Luis Menor entregando os detectores de fume no parque de bombeiros de Verín.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, entregou hoxe, 21 de abirl, 4.425 detectores de fume con destino á poboación que vive en núcleos dispersos do rural galego, dentro da zona transfronteiriza do norte de Portugal que afecta á provincia de Ourense.

“Con esta medida contribúese a reforzar a seguridade daquelas persoas que viven en núcleos dispersos do rural galego dentro da zona ARIEM 112, grazas a que estes detectores de fume para uso doméstico permiten axudar a protexer vivendas que poidan ser máis vulnerables ás consecuencias dun incendio”, apuntan dende a consellería.

Luis Menor entregou 2.358 detectores no parque de bombeiros de Xinzo e 2.067 detectores no parque de bombeiros de Verín. Os criterios de reparto establecéron segundo a dispersión de poboación, número de persoas con pouca mobilidade ou con discapacidade física ou psíquica recoñecida ou persoas que vivan solas.

O ARMEI 112 é un proxecto de carácter multirrexional enmarcado no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal que ten como obxectivo o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos de xestión e mobilización de recursos ante emerxencias na zonas implicadas, mediante a implantación de ferramentas comúns, a formación e implantación de métodos e protocolos de intervención comúns a tódolos servizos.

 

Artigos relacionados

Back to top button