DeportesKárateÚltima hora

Os pequenos do KC River Stone (O Barco) brillan no campionato galego infantil de karate

O club valdeorrés sumaba 9 medallas en Santiago: 2 ouros, 2 pratas e 5 bronces

 

“Estado dando todo, adestran moito, teñen ilusión e por riba conseguen bos resultados, o mellor que lle pode pasar a un club”. Con estas palabras de admiración e cariño, fala o responsable do KC River Stone dos pequenos do club barquense, e non é para menos.

Apenas unhas semanas despois de sumar 19 medallas na liga galega infantil, os pequenos karatekas brillaban con luz propia no campionato galego celebrado o sábado 5 de marzo en Santiago de Compostela, lobrando 9 medallas (2 de ouro, 2 de prata e 5 de bronce).

 

Parte do equipo do River Stone.

 

Os ouros eran para os benxamíns, Manuel Blanco Blanco en kata masculino e Leyre Paradelo Ambrinos en kata feminino; e as pratas para os infantís, Nazan Barreda Fernández en kata masculino e Aina Moral Castro en kata feminino. Nesta mesma categoría, Pablo Prada Anta e Cloe Yáñez Gonzaléz lograban sendos bronces en kata masculino e feminino respectivamente. Completan o medalleiro do River Stone, os bronces conseguidos por Eric Rodríguez Carballo en kata benxamín masculino, Raúl Pérez Panizo en kata alevín masculino e Hugo Álvarez Pérez en kata xuvenil masculino.

 

Nicolás coa benxamín Leyre.

 

Non subían ao podio pero tamén foi destacado o resultado do alevín Eiden Barreda Fernández cun 5° posto; do infantil Jose Carrera Fernández con outro 5° posto; e do xuvenil Brian Rodríguez Carballo cun 7° posto.

Uns resultados que seguen enorgullecendo ao sensei Nicolás Rodríguez quen asegura que “hoxe ganou todo o equipo. E cando digo equipo refírome a todos, os que ganan e os que non ganan, aos pais, aos coach,… todos somos importantes. Noraboa a todos porque todos somos un”, sentencia.

 

Foto de equipo.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button