DeportesÚltima hora

Os podios dos atletas populares e máster, na XXXV Milla do Barco

 

Entre as categorías que competían na tarde do 17 de setembro no circuíto da XXXV Milla Urbana do Barco estaban as máster e populares, nas que se incrementaba a participación con respecto ao pasado ano.

Así na carreira Máster A-B e populares masculinos, o ganador era Iker Fernández (Sun18) da Gándara, entrando en segunda posición Pacho García (Adas), que era ademais o ganador en Máster B, o terceiro en cruzar a meta era Manuel Besteiro (A Gandára), que se facía co primeiro posto en Popular 1. Ademais, Carlos Asensio (Adas) subía ao podio como primeiro en Máster A e o tamén barquense Miguel Gómez quedaba segundo en Popular.

 

 

Na proba Máster C, D, E masculinos e Máster feminino, impoñíase Alberto Ojea (Máster C), seguido de Saturnino González (Máster C), ambos do Ourense Atletismo, mentres que en terceiro lugar quedaba Jorge Veleiro (Máster C) do Burgas Atletismo Ourense. En Máster D o primeiro posto era para Ramiro Méndez (A Gándara).

 

 

Por outra banda, Conchy Prada (Máster B) do Adas era a primeira muller da carreira en chegar a meta, Nerea Sánchez (Nosportlimit) situábase primeira en Máter A e Mónica Yáñez (Adas) era segunda en Máster B.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button