ConcellosO BarcoÚltima hora

Os posibles cambios, se chove, na cabalgata de Reis do Barco

Imaxe da cabalgata de Reis o pasado ano no Barco./ Foto: A.R.

 

Ante as dúbidas que se están xerando sobre a Cabalgata de Reis por mor do posible mal tempo previsto para a hora do seu inicio, o Concello do Barco vén de emitir un comunicado sinalando que as “as carrozas están preparadas para recoller aos Reis Magos na Estación de Autobuses, e iniciar o percorrido ás seis da tarde ata a praza do Concello para a recepción co alcalde”.

No caso de que chova, “os Reis Magos trasladaranse directamente á praza do Concello, onde se celebrará a recepción, e despois todos os nenos e nenas poderán ver aos Reis nos tronos que se situarán na zona cuberta da praza do Concello e recibirán caramelos”.

No caso de suspensión da cabalgata, os Reis estarán acompañados de paxes e gardas reais, pero non dos nenos que acompañan aos reis nas carrozas. “De tódolos xeitos, avisarase a cidadanía dos cambios que se decidan, a través de medios de comunicación e redes sociais”, segundo o Concello do Barco.

As carrozas están preparadas, os caramelos tamén. Só falta que todos, nenos e maiores, salgan á rúa para recibir aos Reis, aseguran dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button