Seguen baixando os casos de Covid no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 8 de xaneiro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 2 positivos, 1 menos que onte. Deste xeito consolídase á súa curva de descenso.
En canto ao número de novos casos de coronavirus diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, mantense entre 1 e 9 casos, cunha incidencia acumulada para o concello de ≤25, segundo a Consellería de Sanidade.