DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os prebenxamíns do C.D. Rúa golean aos do C.F. Monforte no Aguillón

11-0 remataba o partido da Copa Deputación disputado na mañá do 6 maio no campo de fútbol rues

No terceiro posto da clasificación rematan os prebenxamíns do C.D. Rúa a primeira fase da Copa Deputación logo de ganar tres dos cinco partidos disputados. O último, por goleada no campo rues do Aguilón ante o C.F. Monforte na mañá do 6 de maio.

Íker adiantaba no marcador ao equipo mixto do Rúa nada máis comezar o encontro e, a partires de aí os goles fóronse sucedendo ata rematar co 11-0 no marcador. Íker marcou noutras dúas ocasións máis, e tamén anotaron Cristian (dous goles), Suso (dous goles), Diego (dous goles), Anxela e Lola.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button