Este ano, o Concello de Viana do Bolo celebra as súas festas dunha forma atípica. A pandemia provocada polo coronavirus impediu que a praza Maior se enchese de xente para desfrutar da verbena. Non obstante, esta localidade do oriente ourensán ofrece un gran número de recursos naturais e patrimoniais para desfrutar o verán.
Esta información pódese consultar ao completo na edición física do periódico O Sil, nunha nova sección estreada este mes de agosto chamada “O verán en…” e que ofrece diversas informacións da Rúa, Manzaneda, O Barco, Quiroga e Viana do Bolo. O periódico xa pode adquirirse en librarías e quioscos da contorna.