Despois de ser recibidos nas diferntes partes do municipio, a parroquia do Barco recibirá aos Reis Magos. “Na igrexa de Santa Rita, o 6 de xaneiro, Día de Reis, despidérmolos dentro da misa ás 12:30h. da mañá. Estarán os reis e os seus paxes”, tal e como vén de anunciar o párroco, Jesús Álvarez.
“Os maiores e especialmente os nenos poderán darlles as grazas polos agasallos que lles deixaron”, engade este sacerdote.
Foto: Carlos G. Hervella.