CulturaCulturaÚltima hora

Os Reis Magos entregan agasallos en Parada de Sil

 

Na tarde deste mércores 5 de xaneiro, Melchor, Gaspar e Baltasar tamén visitaban aos nenos e aos maiores de Parada de Sil.

Así, malia a situación sanitaria, primeiro achegábanse ás portas do Xeriátrico Luces do Sil onde dedicaron os agasallos para as persoas residentes “sen entrar para evitar contaxios”, puntualizan dende o Concello.

A seguinte parada era o salón de usos múltiples do Concello con entrada escalonada dos nenos para recibir os agasallos “tratando de evitar a peste”, din dende a entidade municipal que non quixo deixar aos pequenos sen a ilusión de ver aos Reis Magos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button