En portadaÚltima hora

Os Reis Magos percorren O Barco

 

Numerosos cativos, acompañados polas súas nais e pais, agardaban con entusiasmo nesta tarde de 5 de xaneiro unha visita moi especial na estación de autobuses do Barco. Pasaban os minutos e tamén aumentaba a impaciencia. Arredor das cinco e media, tal e como estaba previsto, facían a súa aparición nun autobús os Magos de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar.

Daban os primeiros saúdos aos máis pequenos, mentres se preparaban para subir, xunto cos seus paxes, nas súas fermosas carrozas. Unha vez nelas, iniciaban un percorrido pola estrada xeral da vila, que continúa nestes momentos, agasallando con caramelos á multitude de persoas que os agardaba nas rúas.

 

 

 

O traxecto completábase ao chegar á praza do Concello, onde eran recibidos polo alcalde, Alfredo García. Despois, dende o balcón do Concello Vello, os Reis Magos dirixían unhas palabras a nenos e maiores nesta noite tan especial.

Para velar pola seguridade no percorrido cóntase coa colaboración da Policía Local, Protección Civil e do GES Valdeorras.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button