ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Os Reis Magos percorrían o municipio de Viana do Bolo, dende as aldeas á vila

 

A primeira hora da tarde do 5 de xaneiro chegaban os Reis Magos a Viana do Bolo. Dende o Concello iniciaban un percorrido polas aldeas vianeses para saudar á veciñanza, e de xeito especial aos máis pequenos, repartindo ilusión nesa tarde tan especial. Ademais repartían agasallos entre os cativos e escoitaban atentamente as súas peticións.

 

 

Tras visitar os pobos, Melchor, Gaspar e Baltasar regresaban a Viana do Bolo para prepararse para a cabalgata. Montaban en vehículos clásicos no Toural, tras saudar á Corporación. E, a partir das sete para iniciar, deseguido, un traxecto pola vila no que se contaba coa colaboración da Policía Local.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button