Por segundo ano consecutivo a chuvia obrigaba ao Concello da Rúa a suspender o percorrido da Cabalgata de Reis Magos, mantendo iso si as tradicionais visitas a Santo Estevo, Fontei e Vilela e coa recepción no Centro Cultural Avenida.
Alí, dende as sete da tarde deste domingo 5 de xaneiro, Melchor, Gaspar e Baltasar recibían aos pequenos do concello entregándolles lambetadas e bos desexos mentres os pais e avós lles facían fotos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.