ConcellosGalerías de fotosÚltima horaViana do Bolo

Os Reis Magos reúnense cos nenos vianeses na praza Maior da vila

 

No centro da vila de Viana do Bolo, na praza Maior, remataba arredor das seis desta tarde a cabalgata de Reis que se iniciaba a primeira hora da tarde coas visitas ás residencias de maiores. Os máis pequenos agardaban na praza con gran expectación, xunto ao belén vivinte, a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.

 

 

Unha vez os Magos de Oriente chegaban alí, xunto aos seus paxes, subíanse a un palco no que ían recibindo aos cativos para saudalos, escoitar as súas peticións e tamén recollere nalgúns casos algunha carta de última hora. Ademais agasallábanos con caramelos. Ademais, para todos os participantes había unha chocolatada.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button