ConcellosEn portadaGalerías de fotos

Os romanos toman A Rúa

Un desfile da Baco Festa, que remataba no Aguillón, percorría a vila valdeorresa na tarde do 13 de agosto

Tambores, carrozas, catapultas e ata cuádrigas. Na tarde do 13 de agosto o centro da Rúa era tomado polos romanos. Un desfile no que participaban diversos grupos, algúns deles tocando bombos, percorría a localidade (dende a praza do Concello ata o Aguillón) e concluía no recinto feiral da III Baco Festa.

Este desfile formaba parte do progama desta celebración que rememora o pasado romano da localidade. Nel tamén se incluían obradoiros para nenos, concertos (como os de “The Limboos” e “The Soul Jackets”), así como degustacións de viños (nos stands das 12 adegas da Denominación de Orixe participantes) e de gastronomía, así como unha mostra de artesanía.

Multitude de persoas se congregaba no recinto na noite do 13 de agosto. A III Baco Festa, promovida polo Concello da Rúa, continuará nas xornadas do 14 e 15 de agosto con diversas e variadas propostas.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis fotos e información:
https://osil.info/rua-revive-o-seu-legado-romano/
https://osil.info/decenas-de-persoas-elixen-baco-festa-para-pasar-ponte-festiva/

Artigos relacionados

Back to top button