En portadaÚltima hora

Os rueses Magín Blanco e Abertal, entre os artistas de ‘Ó Son da Estación’ que actuarán o 31 de agosto na Rúa

O festival comezará ás 19:30 horas na praza da Estación e tamén contará con The Rapants, Señora Dj e Grande Amore

Magín Blanco e A Banda das Apertas./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras un intenso mes cargado de actividades de diferentes ámbitos e para todos os públicos, A Rúa chega ao final de agosto co prato forte do cilo de concertos BeiraRúa promovido por Turismo de Galicia, ‘Ó Son da Estación’ que se celebrará este sábado 31 de agosto a partir das 19:30 horas coas actuacións de Magín Blanco e A Banda das Apertas, Abertal, The Rapants, Señora DJ e Grande Amore.

‘Ó Son da Estación’ nace co obxectivo de convertese no “punto neurálxico da música na provincia de Ourense o vindeiro”, xa que no corazón da comarca de Valdeorras, a poboación bañada polo Sil tocará os paos da música tradicional ata o rock e a electrónica máis tendencia na Galicia do 2024. “Un evento desenrolado nunha xornada e con entrada gratuíta na emblemática localización da Estación da Rúa-Petín”, tal como explicaba na presentación Jorge Álvarez de Ton y Son, produtor do evento e director do SilFest Valdeorras.

 

 

Con respecto aos artistas que nel tomarán parte hai dous locais. A Banda das Apertas é o formato musical do músico rues Magín Blanco acompañado por Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo (tamén natural da Rúa) e a voz de María Faltri. Conta con anos de traxectoria musicando para o público infantil e familiar as aventuras de A nena e o grilo, descubrindo os seus segredos a través dun bo puñado de cancións coas que Magín Blanco foi creando toda unha comunidade de seareiros e seareiras.

Pola súa banda Abertal é unha agrupación folklórica que se nutre da escola de música e baile tradicional da Asociación Cultural de nome homónimo da Rúa, undada por Manuel Durán a principio do ano 1989.  Na actualidade a escola conta cuns oitenta alumnos, entre cativos e adultos, de baile e diferentes instrumentos como gaita, percusión ou acordeón. Estas dúas actuaciós forman parte dunha primeira parte do festival pola tarde. Na segunda, xa de noite, o prato forte será The Rapants, grupo de Muros cun estilo entre o indie e o garage que aporta frescura a través de temas animados e cargados de enerxía.

 

Abertal. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O programa non acaba aí e contará tamén con Señora Dj, galega residente en Vilagarcía de Arousa. Desde o seu debut en 2016, deixou pegada en festivais como Atlantic Fest, SilFest, Vive Nigrán, Festival da Luz… Ten un estilo único que ten fusiona indie, pop, urbano, disco e techno, cun toque de petardeo fino. No escenario, a súa presenza é eléctrica, transmitindo con enerxía a súa paixón e emoción pola música aos espectadores.

E xa de madrugada, será a música de Grande Amore a encargada de poñer o broche de ouro ao concerto e ao ciclo na Rúa. Trátase dunha banda á que lle gusta o rock & roll, os sintetizadores, caixas de ritmos e guitarras. Con todo iso fan música rápida, chea de graves, como a vida mesma. O obxectivo non é outro que facer desfrutar ao público.

Artigos relacionados

Back to top button