Nova parada da food truck ‘Galicia Sabe aMar’, nesta ocasión en Vilamartín de Valdeorras. Na xornada deste xoves 24 de outubro, en horario de 10 a 13 e de 16:30 a 19:30 horas está instalada na praza Xosé Luis Núñez, unha das furgonetas da campaña de promoción de peixes e mariscos galegos da Consellería do Mar.
Esta singular iniciativa permite degustar gratuitamente unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos. No caso de Vilamartin as persoas que se achegaban pola foodtruck degustaban tres propostas saborosas e moi diferentes, entre elas croqueta de chopo ou humus de faba con mexilón.
Fotos: Mónica G. Bellver.