A presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, daba a benvida a primeira hora da mañá do 30 de novembro na Casa Grande de Viloira (O Barco) aos participantes no sexto encontro empresarial “Retos e oportunidades da industria 4.0 para Galicia”. Na apertura desta xornada estaba acompañada polo director de zona Ourense este de Abanca.
De seguido, dábase paso á primeira das ponencias, a cargo de Norberto Penedo, director da área de Competitivade do Igape e, xa a partires das dez, comezaba a mesa redonda “Retos e oportunidades da industria 4.0 para Galicia: que fixemos ata agora, que nos falta, que nos ofrece”. Nela interviñan o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, Lucía Miguez (CEO de Rysia 3D), Miguel Ángel Areán (CEO de Polygon-e) e, finalmente, Javier Martinicorena, plant manager de Autoneum Spain na Rúa.
Este ciclo de xuntanzas que está a percorrer Galicia está promovida Xunta, xunto con outras entidades, e no caso da xornada do Barco participaba AEVA. Numerosos empresarios da comarca asistín a estas sesións.
Fotos: A.R.