ConcellosÚltima hora

Os servizos de emerxencias e a Policía Local do Barco percorren a vila dando ánimos á poboación

 

Son xa moitos días de confinamento e a situación faise cada día máis dura, por iso dende os servizos de emerxencias e a Policía Local do Barco decidían, un venres máis, animar á poboación.

Así, na tarde deste 24 de abril, pouco despois dos aplausos das oito, varias patrullas da Policía Local (en coche e tamén en bicicleta), Ambulancias, Protección Civil e GES Valdeorras, percorrían as rúas da localidade barquense, animando á xente que aplaudía ao seu paso dende as fiestras. “Trátase de dar ánimos á cidadanía, para que sepan que estamos aí e que todo vai saír ben”, din dende a Local.

No caso de Viloira baixábanse durante uns intres dos seus vehículos a aplaudían xunto á cidadanía mentres soaba o tema “Resistiré”.

 

 

 

https://youtu.be/U8X30diq6qA

Vídeo cedido

Artigos relacionados

Back to top button