ConcellosO BarcoÚltima hora

Os servizos de emerxercia atopan a un veciño do Barco falecido na súa vivenda

 

Na mañá deste xoves 8 de agosto mobilizábase aos servizos de emerxencia no centro do Barco de Valdeorras, polo aviso dunha persoa que estaba preocupada por un veciño que levaba días sen ver.

Pouco antes das 12:15 horas chegaban ata a praza Andrés de Prada os GES de Valdeorras e dous vehículos do parque comarcal de Bombeiros (un grande con escada e outro máis pequeno) así como a Policía Local do Barco, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil.

Segundo indican dende a Policía Local cando os servizos de emerxencia entraban na vivenda, situada nun edificio da céntrica praza, atopaban o corpo sen vida do veciño.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button