En portadaÚltima hora

Os sindicatos respiran tranquilos tras asinarse o acordo entre Samaca-Irosa e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal

"Isto é como se fora un regalo de Nadal para nós", aseguran os representantes do Comité de Empresa CIG e CC.OO.)

 

Depois dunha intensa mañá e unha longa espera, vén de ser asinado na Notaría do Barco de Valdeorras o esperado acordo entre a empresa Samaca-Irosa e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal. Así o indicaban os representantes do comité de empresa tras saír da Notaría, á espera de que saian os asinantes.

Ramón Porto da CIG e Óscar Guerrero de CC.OO. aseguran que coñecen as condicións do acordo asinado porque o documento foi lido diante deles e agora poden respirar tranquilos xa que está garantida a continuidade do traballo na empresa.

 

Artigos relacionados

Back to top button