O vindeiro venres o profesor de Xeoloxía da Universidade de Vigo José Ramón Seara Valero impartirá unha conferencia sobre os terremotos, promovida polo Ateneo de Ourense. Será o vindeiro venres, 17 de marzo ás 19:30h. na sede provisional do Ateneo de Ourense na rúa do Progreso 30, Centro Cultural Marcos Valcárcel.
“Falaranos das causas e das consecuencias, de ondas sísmicas, da medición dos terremotos, dos danos sísmicos, de como se poden prever … Será unha interesantísima charla sobre fenómenos que non nos son tan alleos á nosa terra como pode parecer (ou queremos crer)”, adiantan dende o Ateneo de Ourense.