Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Xornada festiva e reivindicativa contra a instalación dun polígono eólico, o 14 de agosto en Acevedo (Chandrexa)

Imaxe dos montes de Acevedo (Chandrexa de Queixa)./ Cedida.

 

A través dunha acción festivo-lúdica, pero tamén reivindicativa, a veciñanza de Acevedo (Chandrexa de Queixa) manifestará o vindeiro 14 de agosto a súa oposición á instalación do polígono eólico “O Xesteirón” nos seus montes. “Imos facer unha xornada para recaudar fondos, cunha pequena andaina guiada polos nosos montes, un xantar campestre e, pola tarde, unha conferencia escénica de Brigitte Vasallo na que colaboraremos as veciñas da aldea e remataremos cunha chocolatada con bica”, adiantan dende a veciñanza.

Deste xeito o programa comezará co percorrido guiado “Paseando Pena Redonda”, da man da Raquel de Acevedo, coñecedora da historia da zona, por Ucedo, Pena Redonda, Pozo da Canteira, Penas das Cuncas e Forno… Despois haberá comida comunitaria e faladoiros coa veciñanza de Queixa e zona de aparcamento e descanso habilitada.

 

Foto: MIT.

 

Pola tarde terá lugar a presentación do novo libro de Brigitte Vasallo, Tríptico do Silencio, sobre o desmantelamento da vida labrega e a diáspora cara as cidades. Será a través da conferencia escénica Queixa [què volen aquesta gent] que se fará, en esta ocasión, coa veciñanza de Chandrexa de Queixa e dirixida por Gena Baamonde. Esta conferencia estreouse na programación expandida da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia 2023. As persoas interesadas poden anotarse a través do correo electrónico queixaviva@gmail.com .

Artigos relacionados

Back to top button