EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Os traballadores de Irosa e Samaca, distinguidos co Premio Etelvino Blanco ao “compromiso cívico sindical”

Traballadores de Irosa e Samaca durante un dos actos revindicativos levados a cabo no 2023./ Foto: O SIL.

 

O próximo mércores 14 de febreiro, data na que se cumpre o 40º aniversario da primeira Folga Xeral que se rexistrou en Ourense, a CIG celebrará en Ourense a segunda edición do “Premio Etelvino Blanco ao compromiso cívico sindical”. O acto terá lugar no Salón de Actos da Casa Sindical de Ourense, ás 19 horas.

“Se o pasado ano o recoñecemento sindical foi para as traballadoras de HyM e para o Comité de Folga do Metal de Ourense, nesta ocasión, a Executiva Comarcal da CIG de Ourense acordou distinguir aos traballadores e traballadoras das empresas IROSA e SAMACA, pola honrosa defensa do seu emprego e o seu pan, ante un dasafiuzamento inminente, que suporía a perda de 300 postos de traballo directos e preto de outros tantos indirectos, preservando, ademáis, á única empresa relevante de capital integramente galego e valdeorrés, non adquirido por fondos de capital estranxeiro”, sinala Anxo Pérez Carballo, secretario comarcal de CIG Ourense.

Así mesmo, sinala que “na CIG sentímonos cheos de orgullo por esta loita obreira, polo que queremos darlle o recoñecemento que se merece, e nada mellor que o premio que leva o nome de quen foi referente social e sindical en Ourense durante décadas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button