PolíticaÚltima hora

Os valdeorreses Álvaro Fernández e M. Carmen González entrarán na xunta directiva do PPdeG

Forman parte da lista de 7 representantes de entidades locais aprobada hoxe pola xunta directiva do PP de Ourense

 

O Partido Popular de Ourense vén de reactivar hoxe a oficina parlamentaria e os grupos de traballo en cada unha das sete xuntas electorais da provincia nun paso máis cara á preparación das elección locais de maio de 2023. Coa vista posta na próxima cita coas urnas, a xunta directiva dos populares ourensáns reuníase hoxe no Auditorio Municipal de Outomuro (Cartelle), onde aprobou a lista dos sete representantes de entidades locais -concellos e Deputacion- que pasarán a formar parte da xunta directiva do PPdeG.

A oficina parlamentaria, así como os grupos de traballo nas sete xuntas electorais -Bande, Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Verín, Trives e O Barco-O Partido Popular de Ourense reactivou hoxe a oficina parlamentaria e os grupos de traballo en cada unha das sete xuntas electorais da provincia nun paso máis cara á preparación das elección locais de maio de 2023. Coa vista posta na próxima cita coas urnas, a Xunta Directiva dos populares ourensáns reuniuse hoxe no auditorio municipal de Outomuro (Cartelle), onde aprobou a lista dos sete representantes de entidades locais -concellos e Deputacion- que pasarán a formar parte da xunta directiva do PPdeG.

A oficina parlamentaria, así como os grupos de traballo nas sete xuntas electorais -Bande, Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Verín, Trives e O Barco- estará integrada polos representantes populares ourensáns no Congreso, Senado, Parlamento de Galicia e Deputación provincial. Un instrumento, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, “que nos permitirá a actualización permanente da información que xa temos a través dos nosos alcaldes e portavoces sobre os principais asuntos que ocupan e preocupan á veciñanza, así como tamén aos colectivos empresariais e sociais”.

Este labor, engadiu, axudará a deseñar propostas en cada concello e comarca “pero tamén con esa visión de provincia que demostramos propoñendo nas eleccións locais a un candidato á presidencia da Deputación con proxectos concretos nun programa de mandato que xa ten nome: o plan 2127.

Para alcanzar os obxectivos marcados polo PP de Ourense cara o 28 de maio de 2023 (superar o récord de 71 alcaldías e obter a maioría absoluta na Deputación), Manuel Baltar pediu aos membros da xunta directiva “compromiso e ilusión renovadas, porque forzas hai dabondo, como tamén proxecto, capacidade de xestión e experiencia”.

 

 

Máis presenza na xunta do directiva do PPdeG

Na orde día tamén figuraba a aprobación da lista dos alcaldes, alcaldesas e deputados provinciais que, a proposta do PP ourensán, pasarán a formar parte da xunta directiva autonómica: María Teresa Barge (A Bola); César Enríquez (Castro Caldelas); María del Carmen González (Carballeda de Valdeorras); María del Carmen Yáñez (Lobios); e Mario Rodríguez (Esgos); ademais dos deputados provinciais por Ourense e Valdeorras, Pablo Pérez e o rues Álvaro José Fernández.

“Unha lista de persoas”, en palabras de Manuel Baltar, “con experiencia, que coñecen o partido e o mundo local, e que achegarán a visión da provincia ao máximo órgano do partido entre congresos, presenza que se completa cos cinco militantes que tamén veñen de incorporarse á xunta directiva do PPdeG”.

Na reunión de hoxe, que se celebrou no auditorio de Outomuro (Cartelle) no marco da descentralización das reunións dos órganos de goberno proposta por Manuel Baltar, tamén estivo presente Francisco Conde, membro da xunta directiva autonómica.

Artigos relacionados

Back to top button