DeportesEn portadaÚltima hora

Os valdeorreses Inés Docampo nos 1.500 m e Carlos Revuelta en martelo, campións galegos absolutos

Ademais subíanse ao podio neste campionato as irmáns barquenses Ana e Belén García e outras 2 atletas do Adas: María Cedrón e Sara López

 

A valdeorresa Inés Docampo Gamarra suma un novo título. Na pasada fin de semana nas pistas Universitarias de Santiago no campionato galego absoluto na proba dos 1.500 m. A atleta do Club Adas Cupa do Barco facía bos os 4:33.97, cos que acadaba o título autonómico fronte a Amparo Corredoira da Atlética Lucense con 4:34.75. O bronce foi para Xela Martínez con 4:36.41.

Non era a única valdeorresa nesta competición galega. Nela participaban tamén outros tres valdeorreses. Así Carlos Revuelta (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) acadaba título de campión galego na proba de lanzamento de martelo, cun rexistro de 59.85.

Ademais as irmáns barquense Belén e Ana García Arias (Adas Cupa) tamén se subían ao podio. Belén facíase coa prata na proba dos 400 valos e Ana co bronce nos 3.000 obstáculos. Por outra banda, outras dúas compañeiras do Adas lograban metais: Sara López (Adas Cupa) era bronce na proba dos 5.000 m. e María Cedrón prata nos 800 m.

Fotos: FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button