EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Os valdeorreses protagonizarán a campaña de Nadal do Barco CCA e Aeva

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco e a Asociación Empresarial de Valdeorras ( AEVA) convocan un concurso para todas aquelas persoas voluntarias que queiran protagonizar a cartelería da campaña de Nadal 2021/2022.

“Con esta acción favorecemos a participación de forma activa de clientes e veciños de Valdeorras na campaña, ao mesmo tempo que conseguimos que a imaxe da mesma sexa rechamante e próxima”, aseguran as entidades organizadoras.

Os interesados en participar no concurso deberán enviar unha mensaxe de WhatsApp ao 698 130 564 ou un correo a obarcocca@obarcoccaberto.com cos seguintes datos: nome completo, idade, teléfono e lugar de residencia.

Os protagonistas da cartelería serán elixidos a través dun sorteo aleatorio entre todos os participantes. O prazo para presentar solicitudes termina o mércores, 17 de novembro, ás 23:59 horas. As bases do concurso pódense consultar nas páxinas web de CCA O Barco e AEVA.

Artigos relacionados

Back to top button