ConcellosÚltima hora

Os valdeorreses seguen recoñecendo con aplausos o traballo dos sanitarios contra o coronavirus

 

Por quinto día consecutivo (a primeira acción foi o sábado 14 de marzo), os barquenses saían ás fiestras e balcóns na tarde-noite do 18 de marzo para adicar un aplauso dun minuto aos traballadores que loitan directamente contra a pandemia de coronavirus Covid-19 e que tamén son os cidadáns máis expostos ao contaxio.

Ademais dos aplausos, no centro da vila tamén se escoitaba música de baile e animados temas como Sobreviviré interpretado por Mónica Naranjo.

 

Artigos relacionados

Back to top button