ConcellosRubiáÚltima hora

Os veciños da Veiga de Cascallá (Rubiá) afectados polo incendio reciben apoio psicosocial de Cruz Vermella

 

Cando remata unha emerxencia é importante que as persoas afectadas sintan que non están soas, neste caso para aliviar a dor e a angustia vivida durante a vaga de incendios que afectou de forma tan dramática a comarca de Valdeorras, especialmente aos concellos de Rubiá, O Barco e Carballleda.

Así o entenden dende Cruz Vermella, por iso, un mes e medio despois do incendio que afectou de xeito especialmente dramático á localidade da Veiga de Cascallá (Rubiá) onde arderon decenas de vivendas e a petición da asociación veciñal, o xoves 25 de agosto achegábanse ata o local social, dous psicólogos da ONG, Jesús Carballo e Sonia López, para realizar unha intervención psicosocial na que brotaron moitas emocións entre a corentena de persoas que asistíu.

Dende Cruz Vermella lembran que neste tipo de traxedias xa non só é a perda material senón como afecta psicoloxicamente “foi unha perda colectiva e dun xeito tamén colectivo están saíndo adiante, apoiándose uns a outros, algo moi importante”, din.

 

Artigos relacionados

Back to top button