En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Buxán (O Bolo) xúntanse para celebrar a matanza do porco

Celebraban este costume tradicional na fin de semana do 10 e 11 de decembro

Eran moitas as matanzas do porco tradicionais que tiñan lugar durante a pasada fin de semana, pero de seguro que ningunha popular e colectiva como a de Buxán. Os veciños deste pobo bolés, que se caracterizan por promover diversas iniciativas conxuntas ao longo do ano, uníanse para celebrar este costume, tal e como se vén facendo dende antigo nesta zona.

O ritual iniciábase na mañá do sábado 10 de decembro tomando a tradicional parva, entre licores e doces na Casa do Pobo. Logo viña a faena: matábase o porco, pelábase e colgábase. De seguido, os veciños compartían un xantar e xa, pola noite, unha cea.

Ao día seguinte continuaba o proceso. Primeiro tomaban a parva e logo procedíase á desfeita do porco. A media mañá asábase o raxo nas brasas, que despois compartían tamén na mesa. E, como broche final da matanza e tendo en conta tamén que vai achegando o tempo do Entroido, soaban os bombos e as aixadas do folión polo pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button