OurenseÚltima hora

Os veciños de San Vitorio (Allariz) reúnense con Medio Rural para promover a mobilidade de terras

Publicidade
O encontro produciuse hoxe, sábado día tres de agosto

 

Durante a reunión.

 

Os veciños da parroquia de San Vitorio, no concello de Allariz, reuníanse no día de hoxe, 3 de agosto, co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. O obxectivo desta reunión era o de transladar as posibilidades de mobilización de terra dentro da normativa actual. Unha iniciativa que conleva unha dinamización da contorna e permite ás explotacións agrogandeiras da zona poder aumentar a súa base territorial, co fin de mellorar a súa rendibilidade e sustentabilidade.

Esta xuntanza coincide ademais coa publicación no Diario Oficial de Galicia dun novo paso máis na reestruturación parcelaria da zona, San Vitoiro-Urros, que afecta unha superficie de 445 hectáreas de 767 propietarios. Unha zona de reorganización territorial principalmente dedicada ao cultivo de cereal. Neste senso, o director xeral avanzoulles que este ano darase por rematado administrativamente este proceso, quedando só a entrega de títulos de propiedade.

Artigos relacionados

Back to top button