
Con gran preocupación e mesmo desesperación os veciños de Santa Mariña (O Barco) piden medios de extinción para evitar que o lume do incendio forestal que afecta a Valdeorras lles entre no pobo. “Témolo xa a 100 metros, na parte de abaixo das primeiras casas do pobo, chamamos ao alcalde, ao 112 e non hai nin sequera unha brigada, estamos só os veciños e sería bo que subirá alguén para botarnos unha man”, declaraban ao Periódico O SIL hai uns minutos.



