ConcellosO BarcoÚltima hora

Os veciños do Barco recollen as plantas do programa “Flores no Camiño”

A iniciativa está promovida pola Concellería de Turismo barquense para engalanar as vivendas situadas nas rúas polas que pasa o Camiño de Inverno por este municipio

 

As 16:30h. en punto da tarde deste 21 de maio comezaba a realizarse a entrega das máis de 300 plantas de xeranio, conchita, surfinia, petunia ou verbena dentro do programa “Flores no Camiño”, promovido pola Concellería de Turismo do Barco para engalanar as vivendas situadas nas rúas polas que pasa o Camiño de Inverno por este municipio no marco deste Xacobeo.

Unha mesa instalábase ás portas do pavillón vello barquense e alí cada unha das persoas que realizaba previamente a súa solicitude procedía a retirar as plantas. Pasadas as cinco a meirande parte dos testos xa tiñan sido recollidos, se ben o horario de entrega rematará ás 19h.

Durante o prazo marcado para a presentación de solicitudes de participación mostraron interese propietarios de máis de 50 casas situadas nas poboacións de Éntoma, O Barco de Valdeorras, Veigamuíños, Tremiñá e A Proba.

Dende a Concellería de Turismo valórase moi positivamente a participación conseguida nesta primeira convocatoria do proxecto, que se pretende continuar en anos sucesivos.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button