ConcellosO BarcoÚltima hora

Os veciños do casco vello do Barco convidan a participar na elaboración das alfombras florais do Corpus

Alfombra diante da igrexa de San Mauro o ano pasado./ Foto: A.R.

 

Tradicionalmente e dende tempos inmemoriais, os veciños da zona vello do Barco de Valdeorras saían á rúa na madrugada do domingo de Corpus (data variable en función da Semana Santa e que este ano cae a 2 de xuño), para elaborar as alfombras florais que adornaban o paso da procesión. Así, coordinados pola asociación veciñal, en colaboración co Concello e coa parroquia, as coloristas estampas que deixaban sobre os adoquíns das empedradas rúas convertéronse en todo un símbolo nesta parte da vila. Desgraciadamente e igual que pasa con outras tradicións, pola falta de xente, en moitos casos a falta de acordo entre os veciños e tamén a escasa de flores, esa actividade foi esmorecendo ata case desaparecer.

Así e todo, con máis ou menos xente as alfombras lograba manterse e o ano pasado as rúas da zona vella do Barco volvían lucir con fermosos tapices de cor, representando diversos motivos xeométricos e relixiosos, para recibir á procesión do Corpus Christi.

Tamén este ano se espera poder continuar coa tradición para o que os veciños do casco vello do Barco piden voluntarios para o domingo día 2 de xuño. A elaboración das alfombras florais comezará ás 6 da mañá para estar listas para o paso da procesión ás 12 horas. “Se queres participar, serás benvido”, aseguran.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button