EconomíaEconomíaÚltima hora

Os vendedores do cupón volven á rúa e reanúdanse os sorteos

A ONCE arranca cunha colección especial dedicada a agradecer o esforzo da sociedade e daqueles cuxo traballo foi esencial durante a crise

 

A partir de mañá 15 de xuño regresan á rúa os vendedores da ONCE, que nesa mesma data reanuda os sorteos despois de tres meses de estado de alarma. Fanno dacordo coa normativa de desescalada aprobada polas autoridades sanitarias.

“A ONCE arranca a venda cunha colección especial de 46,5 millóns de cupóns, un por cidadán, que ocupará toda a primeira semana, para recoñecer o esforzo da sociedade nestes días e agradecer aos que, co seu traballo, foron esenciais no loita contra o COVID-19”, tal e como adianta a organización.

Son cupóns co lema #LaIlusiónPuedeConTodo, dedicados a sectores como os sanitarios e traballadores de hospitais e residencias; Forzas e Corpos de Seguridade estatais, autonómicos ou locais, e os bombeiros; os agricultores e gandeiros, aos transportistas, aos farmacéuticos e comerciantes ou aos voluntarios.

Desta manera mañá luns arrancan os sorteos do cupón diario, Cuponazo e Fin de Semana. Ademais, o Sorteo Extraordinario do Día do Padre (retrasado pola crise) celebrarase o domingo 21 de xuño;  o mércores 24, haberá un sorteo especial dol Día de San Xoán; e o 15 de agosto terá lugar o Sorteo Extra de Verán da ONCE.

Artigos relacionados

Back to top button