EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei, protagonistas da nova sesión de “Catar o Camiño” en Santiago

 

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago acollerá a partir das 18:30 horas de mañá venres 20 de decembro unha nova sesión do programa “‘Catar o Camiño”, que desta volta terá como protagonistas aos viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Nesta actividade farase unha pequena cata de viños de la D.O. Monterrei, acompañada dunha degustación de tres petiscos, dous salgados e un doce. Esta actividade tamén inclúe un paseo guiado polo tramo final da Vía da Prata, cunha visita ao Museo das Peregrinacións, o taller para adultos ‘Memorias de Prata’, e o infantil ‘Xogando coa natureza’.

Trátase da sexta ocasión na que a D.O. Monterrei participa na actividade “Catar o Camiño”, estando presente en Vilardevós, Oímbra, Verín, Riós e Ourense, e contando coa asistencia de máis dun cento de persoas nas mesmas.

 

Artigos relacionados

Back to top button